Política de privacidade

Identificación e datos de contacto do responsables.

XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS, con CIF 76363250F, dirección en rúa Venezuela, 11-13, 5º, 15300 Betanzos (A Coruña) e correo electrónico oficina.isidrodoporto@gmail.com é o responsable do tratamento dos datos persoais dos usuarios da páxina www.isidrodoporto.com. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e segundo a “Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales”.

Na presente política de privacidade facilítase a información sobre o uso que realizará XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS dos seus datos persoais na súa condición de usuario da web www.isidrodoporto.com.

XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos.

En cumprimento do establecido no GDPR, informámoslle que os seus datos serán tratados coa finalidade do mantemento e cumprimento da relación con XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS, incluindo o envío de comunicacións no marco da citada relación.

Lexitimación do tratamento.

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación empresarial ou calqueira outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

Finalidade do tratamento dos datos.

Os datos recopilados serán únicamente aqueles que nos faciliten as persoas interesadas co fin de xestionar e tramitar os servizos solicitados.

Así mesmo poderase tratar os seus datos de carácter persoal para:

  • Xestionar a súa navegación a través do sitio web.

  • Xestionar o servicio de Atención ao cliente, para responder ás dúbidas, queixas ou comentarios relativas á información incluida no sitio web, así como calquera outra consulta.

  • Xestionar o cumprimento, mantemento e control de calquera relación que XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS manteña con vostede.

  • Realización de tratamento de datos automatizados co fin de elaborar perfiles cos servizos solicitados. A información será totalmente anónima e o seu uso servirá para elaboración de estadísticas de marketing.

No caso de que aporte datos persoais de terceiros, vostede responsabilízase de ter informado e ter obtido o consentimento destes para ser aportados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente  Política de Privacidade.

A información facilitada debe ser verídica. Para que a información estea sempre actualizada e non conteña erros, deberá comunicar a XOSÉ ISISDRO DOPORTO SANTOS as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal que se vaian producindo. Pode dirixirse por escrito a XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS, en rúa Venezuela, 11-13, 5º, 15300  Betanzos (A Coruña) ou mediante correo electrónico a  oficina.isidrodoporto@gmail.com.

Comunicación de datos.

Os datos non serán cedidos a terceiros, salvo as Administracións Públicas nos casos en que exista obrigación legal.

Conservación de datos.

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera devandito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados.

Dereitos dos interesados.

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.

  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo.

  • Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.

  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia dos datos que estean a ser tratados.

  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.

  • Dereito a solicitar a limitación do tratamento cando a exactitude, a legalidade ou a necesidade do tratamento dos datos resulte dudosa. Neste caso poderanse conservar para exercitar o exercicio ou a defensa de reclamacións.

  • Dereito de cancelación: solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación, cando esto sexa posible.

Pode solicitar a protección dos seus dereitos que afectan o tratamento dos seus datos ante a Axencia Española de Protección de datos.

Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, oporse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a XOSÉ ISIDRO DOPORTO SANTOS, en rúa Venezuela, 11-13, 5º, 15300  Betanzos (A Coruña) ou mediante correo electrónico a  oficina.isidrodoporto@gmail.com. Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: o dereito que desexa exercitar e os seus datos identificativos.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Tamén poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.